|
Ven a
coñecer o Concello de Avión, as súas xentes, a súa cultura
e tradición. Atoparás unha das grandes rutas da Comarca do
Ribeiro, a do profundo val de Avión, co encoro de Albarellos,
que se mistura coa agreste e fermosa serra do Suído e o
sempre vixiante Faro de Avión.
A nosa orografía outórgalle unha paisaxe accidentada, en
consecuencia, os viñedos non predominan entre os nosos
cultivos, mais si os productos da horta e os cereais.
|

|
|
É o noso concello un dos máis importantes en arquitectura
popular, xa que contamos con arredor de 700 hórreos, 75 muíños
e 45 fornos de pan, consecuencia directa do período agrícola
imperante neste concello ata mediados do século xx.
|
|

|
|
Como
consecuencia dunha importante arquitectura popular atopamos
igrexas como a parroquial de San Xusto, que conta cunha das
fachadas barrocas máis fer-mosas de Galicia, así como o
templo de Abelenda, de estilo románico, ou igrexa de Couso,
co seu baldaquino do século XV.
Na Serra do Suído perviven os "chozos", construccións
de pedra onde os pastores e o gando se protexían, no corazón
dunha das paisaxes máis amplas e impresionantes de Galicia.
Poderás descansar e disfrutar nun dos lugares de maior
encanto, historia e fermosura da Comunidade Autónoma, ademais
de disfrutar das nosas festas e romerías, motivo de reunión
de tódalas parroquias deste concello e das feiras que se
celebran os días 12 e 22 de cada mes en Avión.
|
|
Convidámoste,
en definitiva, a compartir os encantos do noso concello,
motivo de satisfacción para todos aqueles que amamos a nosa
terra.
|
|
|
|
|
|
|
|
|